martes, 23 de abril de 2019

Día do libro, 23 de abril. Pesticos literarios.

 

Ao final do 2º trimestre deixamos os petiscos preparados para a volta das vacacións.

Hoxe chegamos e xa tiñamos os petiscos de todo o Centro xuntos!!! 

 


Ao longo da mañá, baixamos a escoller un petisco para cada un, dunha bandexa que non fora a da nosa aula. Despois, na aula, entre todos xogamos a adiviñar que alimento contiña o noso "canape". 

 

     

 


 

 

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DE SUSA HERRERA




Hoxe tivemos a visita de Susa Herrera, con ela cantamos e bailamos unhas cancións moi divertidas que falaban de animais .Con estas cancións descubrimos  cousas interesantes destes animais: de onde eran, que comían , canto durmían.....Pasámolo xenial. 


                                                      Moitas grazas Susa!!!!!!!!!



Susa Herrera naceu en Santander, é profesora da área “Didáctica de Expresión Musical” da Universidade de Vigo desde o ano 1988. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona (1979). Posúe o título superior de piano (Barcelona 1976) e Clavicémbalo (Barcelona 1984), Diplome pèdagogique en Education  Musicale Willems (Lyon 1985) e Diploma de formación en Rítmica Jacques-Dalcroze (Barcelona 1990). Completa a súa formación pedagóxica en escolas de verán sobre educación musical e danza (Xenebra, Salzburg, Pittsburg, Londres, Estocolmo…) e amplía formación en linguaxes corporais expresivos (Barcelona, Madrid, Londres, Buenos Aires).

Posúe experiencia docente nos niveis de infantil, primaria, secundaria,  universitaria e Universidade de Maiores. Máis de 150 cursos impartidos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversos centros do Estado e noutros países (Portugal, Cuba e Noruega) e é relator habitual en congresos sobre Educación Musical e Educación Física (área de linguaxes expresivas) en diversos países de Europa, Asia e América Latina.

É autora de varios libros infantís: Cartas que veñen e van, Animais ao caixón, Animais Encantadores e En Cabárceno  óuvese cantar.


                 Aquí déixovos un vídeo coa actuación de Susa e a vosa!!!!!!



                      



                   

martes, 26 de marzo de 2019

VISITA PAULINO GASALLA


Hoxe visitounos Paulino Gasalla, amante e afeccionado á Astronomía. Pertence á sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

A charla, resulto moi interesante e aprendemos moitísimo. Contounos cousas moi científicas e curiosas  que axudarannos a traballar no Proxecto Intercentros ao que pertencemos,  “O Sistema Solar”. 

Esperamos que poida volver e  ter máis tempo con el para charlar moito máis. Ademais brindóusenos para axudarnos a realizar unha viaxe fora do Sistema Solar. 


Apuntámonos!!!!
 
Moitas grazas, Paulino!!!!


                          

jueves, 21 de marzo de 2019


DÍA DA POESÍA E DO TEATRO

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía de acordo coa decisión da UNESCO, co fin de apoiar a diversidade linguística a través da poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
O equipo que dinamiza a biblioteca aproveita para convocar o XI Certame de Poesía CEIP "Couceiro Freijomil". A temática das poesías este ano será A ALIMENTACIÓN. Güino no Festival das Letras Galegas axudaranos a ler as poesías e entregará os premios.
 Animarvos a participar creando as vosas poesías!!!!!!!!

O alumnado de 5º A puxeron en escena a obra "A revolución das verduras"; 5º B recitaron poesías de autores galegos de renome e 6º A puxeron en escena a obra "Farsa e xustiza do correxidor"
Nosa aula participamos neste día, despois de seleccionar unhas poesías co tema do PDI "Bo Proveito", recitando poemas de Rosalía de Castro, Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira.
Aquí vos deixo o vídeo do recitado de 6º B e algunhas fotos deste día tan estupendo!!!!



                   




                 



                  

sábado, 16 de marzo de 2019

SESIÓN DE FILOSOFÍA

O mércores tivemos unha sesión de Filosofía.

Tivemos como base o óleo “Muchachos subiendo a un árbol” de Francisco Goya, pintado a fins de 1791. Na imaxe vemos a tres raparigos tratando de subir a unha árbore. Un deles agáchase para que outro poida apoiarse nel, e o terceiro empúxalle por detrás.



Mostrábasenos o cadro só a anacos até descubrilo todo.  Debiamos ir contestando preguntas do tipo:

- Que vedes?, Coidades que son nenos/as actuais? Por que?, Que poden estar facendo?, Onde pensades que poden estar?, Como cres que se senten?, E agora que vedes?, Que poden estar facendo? Por que?, Onde pensades que poden estar?, Que credes que senten agora? …..

A continuación , pasamos ás habilidades de Razoamento.
 
          - Para cooperar que necesitamos?. Se non se axudan que podería pasar?

Algunhas das opinións dos alumnos foron:

Cada idea que diciamos por moi imaxinativa que fose achegaba algo e nos facía reflexionar ao resto.
- Dixésemos o que dixésemos estaba ben xa que era nosa opinión.
- Cantas máis opinións dábanse máis fácil resultaba adiviñar como era o cadro.
- Todos respectabamos e iso axúdonos a esperar e ter paciencia para expresar o que sentiamos
- Estivo moi ben e teño ganas de repetir esta actividade…..

Saíron palabras sobre as que tamén opinamos e debatemos como: compañeirismo, empatía, axuda, colaboración, confianza, seguridade…

Ao final tiñamos que realizar a avaliación escollendo entre  tres  imaxes do autor Keith Haring e dicir con cal desas imaxes representaba mellor as nosas sensacións nesta actividade.


Foi unha sesión moi aproveitada e divertida!!!